jueves, 5 de septiembre de 2013

mundo do revés

Ler libros serve para atopar precisamente iso que non estabas a buscar. Pero me parece marabilloso que aínda sen buscalo, sexa capaz de facerte sentir unha empatía e ao mesmo tempo unha identificación máis humanas que moitas persoas. "Nótase que é un día diferente. O ambiente está tan revolto coma a mesma vida, que semella terse desencaixado para sempre. É un desdes días que non son coma os demais. Ás veces penso que en momentos coma este, nos que o propio aire semella ser máis lixeiro, sería mellor quedar na casa, porque se saímos quizais non poidamos volver, polo menos ao mundo que coñeciamos. Pero... sería unha covardía. Hai que saír. Saír e facerlle fronte á vida, aínda que todo dea en virar do revés."

No hay comentarios:

Publicar un comentario